Proxecto beneficiario do programa «O teu Xacobeo»
Todos os camiños
Festival itinerante para a promoción do Camiño de Santiago como destino cultural por medio de concertos de distintos artistas galegos en encontro con artistas de distintas procedencias, Barcelona, Madrid, Portugal, Cuba, Venezuela e Francia.
Os concertos se realizarán en distintas vilas polas que pasa o Camiño de Santiago
Calendario
Escandaloso Xpósito / Christian Delgado
Día 10 de Setembro 19:30 h.
Casa da Xuventude – Lugo
Entrada gratuíta ata completar o aforo
Escandaloso Xpósito / Christian Delgado
(Barcelona, Galicia/Cuba)
Hugo Astudillo. Músico profesional Freelance-Mc, membro de kase. O real Jazz Magnetism Compositor -autor- arreglista, productor, ofrece neste concerto improvisación, rap, grooves, hiphop, jazz acompañado polo batería galego-cubano Christian Delgado
Iria Estévez, Artur Caldeira, Daniel Paredes
Día 24 Setembro 21:00 h.
Praza de España – Rábade
Entrada gratuita ata completar o aforo
Iria Estévez, Artur Caldeira, Daniel Paredes
(Galicia, Portugal)
Unha das nosas máximas expoñentes no Fado, invitada habitual en Braga, Oporto e Lisboa dentro das xornadas de intercambio galaico-protuguesas, Festival Converxencias e outros.
Nesta ocasión acompañada polos violeros portugueses Arthur Caldeira e Daniel Paredes
Iria Estévez, Artur Caldeira, Daniel Paredes
Día 25 Setembro 19:00 h.
Praza da Vila – Sarria
Entrada gratuita ata completar o aforo
Iria Estévez, Artur Caldeira, Daniel Paredes
(Galicia, Portugal)
Unha das nosas máximas expoñentes no Fado, invitada habitual en Braga, Oporto e Lisboa dentro das xornadas de intercambio galaico-protuguesas, Festival Converxencias e outros.
Nesta ocasión acompañada polos violeros portugueses Arthur Caldeira e Daniel Paredes
Telmo Fernández, The Latin Soul Jazz Beat!
Día 29 de Agosto 20:00 h.
Praza Anxo Fernández Gómez – Lugo
Telmo Fernández, The Latin Soul Jazz Beat!
Latin Jazz (Cuba, Venezuela, Francia, España)
12 músicos internacionais (Cuba, Venezuela, Francia, España) algúns vellos coñecidos na escea da música latina en Galicia, residentes na nosa comunidade.
Trátase da recreación da fusión entre os ritmos latinos (Mambo, Guajira, Son) e o Jazz, Soul e Blues, que tivo lugar en Nova York a finais dos anos sesenta e principos dos setenta.
Conta con composicións e arranxos orixinais do guitarrista galego Telmo Fernández e a colaboración especial do afamado e gañador dun Grammy Latino, o mellor disco de latin jazz, Miguel Blanco (Jerry González, Chico O´Farril).